Formigonar a nova ponte do tren obriga a cortar un carril na Av. de Bos Aires
O 30 de agosto culmina o proceso de regularización dos postos da Praza de Abastos
A concelleira responsable da área de Feiras e Mercados, Celia Alonso, concedeu unha prórroga dun mes para o desaloxo dos 18 concesionarios da Praza de Abastos que optaron por non regularizar a súa situación administrativa no procedemento aberto polo Concello. O acordo, adoptado despois de varias reunións cos afectados, fixa a data definitiva (prevista inicialmente para este 30 de xullo) para o próximo 30 de agosto.
Estévez, o primeiro en elixir aparcadoiro na Praza de España
Axudas para as entidades que promoven os Servizos Sociais, a Igualdade e a Cooperación
A Concellaría de Benestar Social impulsa tres liñas de subvencións coas que apoia o labor das asociacións e entidades relacionadas cos Servizos Sociais, a promoción da igualdade da muller e a Cooperación solidaria. As bases das subvencións foron aprobadas hoxe pola Xunta de Goberno Local.